Este sábado, 28 de marzo, apaga as luces do teu fogar se queres axudar ao teu planeta.
O sábado 28 deste mes, centos de cidades de todo o mundo apagarán as luces dos seus monumentos máis coñecidos, por agora van 1700 cidades e milleiros de persoas. Esta é unha iniciativa a nivel mundial, co fin de que os gobernantes tomen conciencia de que hai que cumprir co protocolo de Kioto e, sobre todo, de que hai que reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
É necesario que adopten máis medidas e máis eficaces para reducir estas emisións, así como tamén, a de levar a cabo políticas moito máis verdes para poder rematar ou polo menos reducir, moitos problemas que lle causamos ao noso planeta.
Os gobernantes deberían apostar, dunha maneira máis decidida, polas enerxías renovables, por vehículos máis eficientes ou o fomento do transporte público, fomentar o aforro enerxético, depuración das nosas augas residuais, incrementar a reciclaxe, etc.
Por iso o sábado, moita xente ensinaralle ós nosos políticos que a sociedade galega, española e mundial está comprometida co coidado do medio ambiente e co noso planeta, para amosarlle que xa non hai escusas para non comprometerse co noso planeta e de adoptar medidas máis eficaces para reducir a contaminación, neste caso atmosférica.
Por este motivo, colabora e apaga todo o que poidas deixando só o imprescindible para provocar desta maneira unha gran redución do consumo enerxético durante unha hora.
COMPROMETETE CO NOSO PLANETA, PARA DEIXAR DE DESTRUILO. Un saúdo.