O “marabilloso” goberno do PP na Xunta

A Xunta de Galicia, ó mando de Alberto Núñez Feijoo, non podería estar facendo peor as cousas.

No ámbito do idioma, non hai unha soa organización, sindicato, partido político, etc excepto Galicia Bilingüe, que o apoie o seu texto. Este borrador do decreto é un claro retroceso no proceso de normalización da lingua galega que pretende ocultar baixo a importancia do inglés.
Hai que dicir unha cousa, se en vez de darlle tanta importancia á gramática nas clases de inglés, se incidise máis na fala e en procurar que o alumno se desenvolvese ben oralmente non habería que poñer ese 33% de materias en inglés. Porque, ó meu xulgar, se a Consellería de Educación pon o 33% de materias en inglés o que vai facer é que os rapaces non entendan nada desas clases ( polo menos a día de hoxe, porque non hai o nivel suficiente ).
Outro dato da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é que baixou as partidas destinadas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e concedeulle case 350 millóns de euros ó ensino privado, cando hai necesidades no ensino público que poderían resolverse se parte deses cartos se destinasen á educación pública

No ámbito dos servizos sociais, está privatizando os servizos sanitarios que son de tod@s. Podédelo ver nos xornais ou noutras fontes, que está dándolle ás empresas determinadas tarefas dos hospitais e residencias para maiores.
Un caso é a financiación do Novo Hospital de Vigo que está a ser financiado con capital público e con capital privado, iso si, despois a empresa terá concesión de diversos servizos durante 20 anos.
No caso das 18 residencias de maiores construídas con fondos públicos, que estaban a punto de ser inauguradas cando gañou o PP as eleccións, van ser regaladas ás empresas para reducir gastos segundo Feijoo. Claro! constrúense con cartos de todos e benefícianse catro de sempre!.

No caso dos servizos de Igualdade e Benestar creados polo bipartito, vai despedir a 61 traballadores e vai privatizar este servizo por iso, fai uns días se manifestaron os traballadores e as traballadoras deste organismo que é de grande utilidade.

Algo que tanto criticou o goberno do PP ó bipartito foi os gastos do parque móbil da Xunta de Galicia. Pois ben, Feijoo e a súa austeridade acaban de gastar 6 millóns de euros na renovación de vehículos cando hai coches que están nos garaxes enchéndose de po por non darlle uso.

Outro caso é a falta de respecto que ten o conselleiro de Cultura pola cultura galega dicindo que a nosa propia cultura estaba acomplexada!! Cando foi el quen comezou a retirar axudas ó sector audiovisual galego, á feira da cultura galega, á investigación da memoria histórica, etc. e concedéndolle case 350 millóns de euros ó ensino privado cando hai necesidades no ensino público que poderían resolverse se parte deses cartos se destinasen á educación pública

Un saúdo e espero que recapaciten tod@s @s que votaron a estes individuos.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: