Informes sobre a lingua galega

O noso idioma, a lingua galega, atópase ameazada. Digo isto, porque fai uns días saíu nos medios de comunicación o resultado sobre o emprego do galego na sociedade.
Os resultados eran desalentadores, xa que, en pouco máis dunha década o número de mozos e mozas menores de idade que adoitan falar só en castelán, incrementouse nun 15% e tamén se reduciu o número de galegofalantes.
A esta situación haille que engadir as propostas do señor Feijoo. Coas súas medidas pretende que cada alumno estude na lingua que considere máis oportuna. Isto o que fará será incrementar o número persoas que empreguen máis o castelán que o galego, desigualando máis aínda a situación de inferioridade que sofre o galego. Outra das causas que non axuda a equiparar o galego co castelán é a modificación que vai a facer o novo executivo do partido popular nas galescolas, case privatizándoas e tamén dando a elixir o idioma.
Unha das cousas que a min máis me impresiona é que este novo goberno, intente con tanto descaro exterminar a lingua galega, e máis aínda, exterminala de onde é natural e orixinaria.
Todo isto non se pode consentir, e tódolos galegos e galegas debemos impedilo porque a lingua debe ser o motor de comunicación de Galicia e non debemos deixar que a nosa lingua, que é parte da nosa cultura e da nosa identidade, e que ademais é un privilexio posuír unha lingua propia, non debemos deixar que morra. Un saúdo a tod@s.

Feijoo e as súas actuacións

Como sabedes Alberto Núñez Feijoo aínda non é presidente de Galiza e xa está a crear polémica. O caso é que anunciou que cando acade o poder o día 1 de abril vai a derogar o decreto do galego no ensino. O decreto que pretende derogar é o que se aprobou por unanimidade, é dicir, co apoio de todos os partidos políticos, no Parlamento de Galiza.
O decreto establece que ao menos o 50% das materias se imparta en galego e debendo conseguir que o alumnado remate a educación obrigatoria, co mesmo nivel de competencia de galego e castelán. O que pretende facer Feijoo, é volver ó bilingüismo harmónico da antiga etapa do Partido Popular, consistente en darlle pulo ao dous idiomas por igual, partindo de que os dous idiomas se atopan ao mesmo nivel, cousa que non está a pasar. Isto o que vai a facer é que o castelán siga a medrar por riba do galego.
Outra das medidas que vai a facer é vender o coche de Touriño co cal tamén andaba Manuel Fraga, Gallardón ou Esperanza Aguirre, pero claro como é de Touriño é demasiado luxoso, para outros non é luxoso pero para Touriño si, en fin que lle vamos a facer. Pois ben, o Citroen que se vai a mercar el, terá que ser fabricado en Francia porque en Galiza só se fabrican monovolumes, co sobrecusto de traelo, tamén terá que blindalo fóra de Galicia porque na comunidade non se blindan vehículos asique hai que engadirlle outro sobrecusto, xulguen vostedes mesmos.
Outra das novas actividades que quere facer é conseguir que constrúan unha piscifactoría no cabo Touriñán co que afectaría a un espazo natural declarado Rede Natura 2000 e que ten especial prioridade pola Unión Europea e que tamén conta cunha forte oposición, porque non vai a compensar a destrución co que vai a dar de beneficios para os veciños da zona, xa que unha piscifactoría da emprego a un número reducido de xente. Outra das “excelencias” que quere levar a cabo é a construción dun viaducto sobre a ría de Noia para facer unha autovía ignorando aos expertos e aos técnicos encargados de facer a declaración de impacto ambiental. Estes técnicos e profesionais din que a construción do viaducto afectaría ás correntes da ría, o esteiro, e á paisaxe mentres que se danaría menos si se fixese polo interior como estaba previsto ata agora.
Para rematar cos desastres ambientais que ten pensado facer, hai que sumarlle a desaparición da consellería de medio ambiente e de medio rural, porque estas son dúas candidatas a desaparecer ou a ser absorvidas por outras, que mágoa que o medio ambiente sexa sempre do que máis se recorta se hai problemas. Ante isto, os galegos debemos reacionar.
Estas son só algunhas das cousas que está a facer Feijoo e xa está a dar polémica, e iso que só e presidente electo ata o día 1 de abril que o invistan presidente de Galicia.
Un saúdo.

Eleccións galegas

O día 1 de marzo do 2009 houbo eleccións en Galiza e no País Vasco. Neste comentario vou a destacar o que Galiza vai a perder e o que vai a deixar de gañar, só porque o goberno do Partido Popular obtivo a maioría absoluta e o bipartito do PSOE e do BNG non saíu reelixido outra vez. Quero destacar que se xogou moi sucio nestas eleccións por parte do PP e algo por parte do PSOE. Isto é debido a gran cantidade de mentiras e de difamacións feitas contra o BNG e contra o PSOE que moitas non son certas.
Todos os galegos e galegas imos a ter que dicir adeus ás políticas sociais como poden ser o fomento do emprego e da igualdade, á ampliación do número de prazas en residencias de maiores e de educación infantil.
Tamén nos temos que despedir de inversións en I+D+i como poden ser a captación de novos científicos para Galicia, como se estaba a intentar na actualidade, adeus á inversión por parte de empresas que buscan innovar e avanzar e a ter que dicir adeus ao impulso do comercio rural ou á construción de novos parques empresariais.
No que respecta a educación xa nos podemos ir olvidando de becas para estudar linguas extranxeiras, adeus ao fomento do galego coa conseguinte redución do seu uso e de maior predominio do castelán ou decir adeus á inversión nos centros de ensino galegos así como a construcción de residencias universitarias.
Na sanidade volveranse a incrementar as listas de espera para visitar a un especialista ou para entrar nun quirófano. Tamén se retrasará a construción do novo hospital de Vigo.
Na política de vivenda xa non imos a ter vivendas de protección oficial para os nosos mozos e mozas máis novos. As políticas para a xente nova van a desaparecer, xa non se seguirán construíndo locais de ensaio para os grupos de música.
En política de transportes xa non se farán máis quilómetros de autovías pero si se ampliarán o número de autopistas e xa non se depurarán as nosas rías e os nosos ríos porque xa non financiarán a construción de depuradoras e a ver que vai a pasar coa lei que prohibía construír nos primeiros 500 metros de costa.
Agora quero facer referencia ao que vamos a gañar con este goberno de dereitas. Grazas o Partido Popular que vai a gobernar os próximos 4 anos vamos a conseguir que Galicia se estanque, que non avance, vanse a destruír postos de traballo porque pretenden abaratar o despido, vanse a acabar as axudas ás persoas máis necesitadas en favor das empresas.Tamén se reducirá o emprego público a causa do peche de tres consellerías. Favoreceranse concertos cos colexios privados e concertados podendo dedicar ese orzamento ao ensino público.
Estas só son algunhas das cousas que podemos perder e que podemos gañar pero xa xulgarán vostedes.
Un saúdo.

A %d blogueros les gusta esto: