Como sabedes Alberto Núñez Feijoo aínda non é presidente de Galiza e xa está a crear polémica. O caso é que anunciou que cando acade o poder o día 1 de abril vai a derogar o decreto do galego no ensino. O decreto que pretende derogar é o que se aprobou por unanimidade, é dicir, co apoio de todos os partidos políticos, no Parlamento de Galiza.
O decreto establece que ao menos o 50% das materias se imparta en galego e debendo conseguir que o alumnado remate a educación obrigatoria, co mesmo nivel de competencia de galego e castelán. O que pretende facer Feijoo, é volver ó bilingüismo harmónico da antiga etapa do Partido Popular, consistente en darlle pulo ao dous idiomas por igual, partindo de que os dous idiomas se atopan ao mesmo nivel, cousa que non está a pasar. Isto o que vai a facer é que o castelán siga a medrar por riba do galego.
Outra das medidas que vai a facer é vender o coche de Touriño co cal tamén andaba Manuel Fraga, Gallardón ou Esperanza Aguirre, pero claro como é de Touriño é demasiado luxoso, para outros non é luxoso pero para Touriño si, en fin que lle vamos a facer. Pois ben, o Citroen que se vai a mercar el, terá que ser fabricado en Francia porque en Galiza só se fabrican monovolumes, co sobrecusto de traelo, tamén terá que blindalo fóra de Galicia porque na comunidade non se blindan vehículos asique hai que engadirlle outro sobrecusto, xulguen vostedes mesmos.
Outra das novas actividades que quere facer é conseguir que constrúan unha piscifactoría no cabo Touriñán co que afectaría a un espazo natural declarado Rede Natura 2000 e que ten especial prioridade pola Unión Europea e que tamén conta cunha forte oposición, porque non vai a compensar a destrución co que vai a dar de beneficios para os veciños da zona, xa que unha piscifactoría da emprego a un número reducido de xente. Outra das “excelencias” que quere levar a cabo é a construción dun viaducto sobre a ría de Noia para facer unha autovía ignorando aos expertos e aos técnicos encargados de facer a declaración de impacto ambiental. Estes técnicos e profesionais din que a construción do viaducto afectaría ás correntes da ría, o esteiro, e á paisaxe mentres que se danaría menos si se fixese polo interior como estaba previsto ata agora.
Para rematar cos desastres ambientais que ten pensado facer, hai que sumarlle a desaparición da consellería de medio ambiente e de medio rural, porque estas son dúas candidatas a desaparecer ou a ser absorvidas por outras, que mágoa que o medio ambiente sexa sempre do que máis se recorta se hai problemas. Ante isto, os galegos debemos reacionar.
Estas son só algunhas das cousas que está a facer Feijoo e xa está a dar polémica, e iso que só e presidente electo ata o día 1 de abril que o invistan presidente de Galicia.
Un saúdo.