Hoxe é un día importante para min. Hoxe remata unha intensa e extensa campaña de difusión, socialización e recollida de apoios para unha inciativa de lei que promove A Mesa pola Normalización Lingüística, para garantir os dereitos lingüísticos no eido socioeconómico.
Durante uns meses estiven traballando e esforzándome para que a ILP “Sentido Común” chegase a moitos concellos, eventos e mesmo festas, hoxe rexistramos a proposta con máis de 28.000 apoios.
Quero agradecer publicamente a oportunidade que A Mesa me deu para traballar nun posto para o que estudei, traballar na defensa e promoción da lingua galega.
Agradecer a colaboración a todas as persoas e colectivos que apoiastes esta proposta e recollestes sinaturas, sen todas vós non tería sido posíbel.
Fica moito por facer, mais hoxe subimos un chanzo importante na normalización do idioma propio de Galiza. Hoxe demostramos que existe vontade de empregar o galego sempre e en todo lugar.
Seguimos traballando, con sorriso e optimismo sempre!