Parar o decretazo contra o galego

Todas as persoas que poidamos ir á folga do día 21 de xaneiro debemos ir a Santiago de Compostela para mostrar o noso descontento polo borrador que o Partido Popular presentou o día 30. Este borrador supón pasar dun 50% de materias en galego a un 33%, incluso menos que nos tempos de Fraga que era dun 35%.
Todo isto, Alberto Núñez Feijoo pretende escondelo baixo o pretexto de dar un 33% de materias en inglés, algo que a día de hoxe é practicamente imposible.
Ademais disto, o goberno do Partido Popular vai permitir que se lle consulte ao pais a lingua de determinadas materias, algo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non veu ben.

Por todas as agresión á nosa lingua debemos manifestarnos e mostrar o rexeitamento xeral da sociedade galega contra ese borrador que ataca directamente á lingua galega.

Non ao borrador sobre o galego do PP

O borrador presentado pola Consellería de Educación o día 30 de decembro debe ser rexeitado por todos os grupos políticos, asociacións e sectores da sociedade.

Decreto de 247/1995:35% materias en galego
Decreto 124/2007: 50% materias en galego
Decreto de 2009:33% materias en galego

O goberno de Feijoo vai ser o primeiro, en toda a historia da democracia, que aprobe unha medida para a involución do galego no ensino.
O decreto do 2007 é un texto ambicioso que pretende que o alumnado saia da ensinanza obrigatoria cunha competencia idéntica, tanto en galego como en castelán. Un dato: debe incidirse máis nos sectores máis novos da sociedade, xa que son os grupos que máis castelanizados se atopan.
Ademais, contempla que os equipos de dinamización e normalización lingüística fomenten o uso da lingua galega no centro.

Eu estou a favor do decreto do 2007 porque é igualitario, ademais, o castelán ten presenza en moitos máis lugares que o galego (Ex. radios, xornais, cadeas de televisión, internet, publicidade, comercio(un 60% nunca usa o galego) , etc.) nos lugares citados o castelán predomina sobre o galego.
Tamén opino que se deberían manter as partidas relacionadas coa promoción da lingua galega, xa que o PP, co pretexto da crise reduciu as partidas destinadas a todo o que tiña que ver con este apartado, como poden ser as clases de inmersión lingüística en galego para contornos castelanfalantes, redución das subvencións aos equipos de normalización e dinamización lingüística, etc.
Aquí vos deixo o enlace para que vexades o decreto do 124/2007 e me digades se é tan malo e tan impositivo como din os de Galicia Bilingüe ou os do Partido Popular.

Un saúdo

Os nosos dereitos

ARTIGO 5

  1. A lingua propia de Galicia é o galego.
  2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
  4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Este é o artigo que se recolle no Estatuto de Autonomía de Galiza. Ónde se pode observar que no punto número 3, o goberno de Núñez Feijoo non está a facer o seu traballo como é debido.

Fai uns días, o conselleiro de cultura dixo que, “a cultura galega limita”, esta, é unha frase que dixo el mesmo, o que quere dicir que este home está no seu posto de traballo para gañar cartos, e non por devoción e aprecio cara a nosa cultura. Xa se poden imaxinar vostedes que se o home encargado de conservar e difundir a nosa cultura arremete contra ela, non estamos a ir no bo camiño, non cren?

Pois o mesmo está pasando co galego que, ao igual que outras moitas cousas forma parte da nosa cultura, da nosa forma de ser e de pensar, forma parte do noso pasado, presente e formará parte do noso futuro (espero).

Por iso, eu non vexo lóxico que se queira derrogar un decreto aprobado por unanimidade e que axuda ao galego a recuperar a súa dignidade e a equiparalo co castelán. Pero todo isto pretende botalo por terra o noso actual presidente do Partido Popular, e para que isto se cumpra acaba de mandar correos electrónicos aos colexios, intentando amedrentar ao profesorado que apoia a NON derrogación do decreto.

Aquí lles deixo a circular emitida a todos os colexios:

Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa

Se isto non é amedrentar non sei que será pero dende logo soa moi ameazante.

Un saúdo