Os nosos dereitos

ARTIGO 5

  1. A lingua propia de Galicia é o galego.
  2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
  4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Este é o artigo que se recolle no Estatuto de Autonomía de Galiza. Ónde se pode observar que no punto número 3, o goberno de Núñez Feijoo non está a facer o seu traballo como é debido.

Fai uns días, o conselleiro de cultura dixo que, “a cultura galega limita”, esta, é unha frase que dixo el mesmo, o que quere dicir que este home está no seu posto de traballo para gañar cartos, e non por devoción e aprecio cara a nosa cultura. Xa se poden imaxinar vostedes que se o home encargado de conservar e difundir a nosa cultura arremete contra ela, non estamos a ir no bo camiño, non cren?

Pois o mesmo está pasando co galego que, ao igual que outras moitas cousas forma parte da nosa cultura, da nosa forma de ser e de pensar, forma parte do noso pasado, presente e formará parte do noso futuro (espero).

Por iso, eu non vexo lóxico que se queira derrogar un decreto aprobado por unanimidade e que axuda ao galego a recuperar a súa dignidade e a equiparalo co castelán. Pero todo isto pretende botalo por terra o noso actual presidente do Partido Popular, e para que isto se cumpra acaba de mandar correos electrónicos aos colexios, intentando amedrentar ao profesorado que apoia a NON derrogación do decreto.

Aquí lles deixo a circular emitida a todos os colexios:

Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa

Se isto non é amedrentar non sei que será pero dende logo soa moi ameazante.

Un saúdo

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: