Xogando con bonecas

Moitos de vós lembraredes que no mes de xaneiro presentei unha proposta para dinamizar o Museo Municipal de Ribiera mediante o traslado a outro lugar da colección de bonecas que alí se atopa, unha idea amparada por veciñanza e por artistas mais rexeitada polo PP, supostamente polas “malas maneiras da súa presentación”. Pregunto eu, facelo ante a Corporación Municipal, órgano representativo da veciñanza de Ribeira, non é o lugar adecuado? Pois parece que para algúns non o é.

A compañeira Pilar Sampedro e eu diante do Museo Municipal de Ribeira.
A compañeira Pilar Sampedro e eu diante do Museo Municipal de Ribeira

A iniciativa pretendía dotar dunha sala cultural de usos múltiples o edificio e poder dinamizar esta instalación esquecida, pouco visitada e infrautilizada segundo o meu humilde parecer. A pesar de facer unha proposta en positivo, dialogada previamente con artistas ribeirenses, facela coa mellor intención e estar disposto a chegar a un amplo acordo que puidese representar a todas as partes, non puido saír adiante.

Cal sería a sorpresa? Tras un arduo traballo de busca do convenio, non exento de trabas, descubrimos que non existe documento algún que formalice o depósito da colección das bonecas no museo, algo inaudito nunha institución pública. Alén da irregularidade de non ter convenio subscrito entre as partes, hai outra cousa que me parece máis grave, aínda que só sexa no plano moral, que é descubrir como o alcalde de Ribeira mentiu sen pudor durante a sesión plenaria para tentar colarnos un engano co que salvar a mala xestión realizada neste asunto.

E cal foi o traballo do BNG ante todo isto? Tenderlle a man ao goberno local para chegar a un acordo de consenso mais a resposta do goberno de Manuel Ruiz foi calar e negarse a ter unha reunión cos concelleiros do Bloque para buscar solución. O PP preferiu xogar ao engano, creando falsas polémicas aducindo o suposto dano que lle ocasionamos ao concello e á propietaria das bonecas con esta proposta.

O BNG preferiu ser honesto e apoiou, e así seguirá a facer, a todas as persoas que queren vivir e desfrutar dun museo vivo e dinámico, das artistas que desexan poder expór as súas obras ou das asociacións que poderán ter un local para realizaren as súas actividades.

Aquí vedes dúas posturas e dúas manieras de traballar, agora vós debedes valorar cal é a mellor… 

*Artigo publicado en La Voz de Galicia o 28/05/2016

Advertisements

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s