Sentidiño común, o menos común dos sentidos

Foto familia no Parlamento de Galiza
Foto familia no Parlamento de Galiza

Sentidiño Común, como se adoita dicir, o menos común dos sentidos, alomenos para algunhas persoas.

O martes 19 de decembro produciuse no Parlamento Galego a defensa da iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Unha proposta que contou con case 30.000 asinantes, asociacións empresariais, de comerciantes, consumidores/as, sindicais, culturais e co voto favorábel de BNG, PSdeG e En Marea.

Durante 7 meses estiven percorrendo Galiza, visitando cidades, vilas e aldeas, coñecendo xente marabillosa e sumando milleiros de quilómetros para espallar a necesidade dunha inciativa que se presentaba en positivo co fin de aumentar dereitos para a lingua galega.

Rapidamente fiquei sorprendido coa xente que se achegaba aos postos, con apenas explicar de que ía a proposta, case sempre había 2 respostas:
A) Claro que si!
B) Ah! pero iso non está garantido xa? Pensaba que si

Xa fosen castelanfalantes, galegofalantes e mesmo persoas estranxeiras asinaban un texto legal que era de “sentido común” ou ben se extrañaban que en Galiza puidese haber discriminación por razón de lingua e vulneración de dereitos elementais.

Onte, 19 de decembro, o Partido Popular optou por votar en contra da súa toma en consideración, é dicir, non se poderá debater nin facer lei. As persoas galegofalantes ficamos desprotexidas e cunha exigua cobertura legal no ámbito socioeconómico. O PP escolle o camiño de seguir cunha política lingüística na que en castelán todo se pode e o galego, idioma propio de Galiza, fica relegado a un segundo plano.

Malia isto, non imos rendernos, isto amosa que existe unha ampla base social favorábel á lingua galega, nomeadamente entre a xente moza que, pese a non falar maioritariamente galego, está a favor de aumentar os seus dereitos.

Doulle as grazas a todas as persoas que nestes meses colaboraron na campaña #ILPSentidoComún, a toda esa xente que apoiou o que é de Sentido Común e A Mesa pola Normalización Lingüística por todo o traballo que fai e por confiarme a coordinación da campaña.

En galego sempre. En galego si.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: