Parece que neste ano 2012, teremos que facer fronte a máis desemprego, a máis impostos, a máis austeridade, a máis corrupción, a máis destrución, etc


bitácora de Luís Pérez Barral
Parece que neste ano 2012, teremos que facer fronte a máis desemprego, a máis impostos, a máis austeridade, a máis corrupción, a máis destrución, etc


Estas medidas adóptanse despois de que a banca engulira 130.000 millóns de euros dos fondos públicos (de tod@s nós) e que seguen acumulando beneficios escandalosos cada ano e NON dan crédito ás nosas pequenas e medianas empresas porque non lles convén.
Ante esta situación, hoxe debemos pensar se este domingo queremos mudar as cousas ou ben, dar un xiro ás políticas, para que realmente se ocupen do que deben que non é nin máis nin menos que da xente.
Se o sector financiero e mercantil está nunha situación mala non é por culpa da cidadanía, é culpa dos seus xestores que especularon, creceron a ritmos descontrolados e cunha mala xestión que desembocou nesta grave crise económica. Polo tanto,
a xente non temos que pagar a súa incompetencia porque, a que ninguén che paga a ti se o teu negocio fracasa por unha mala xestión?
Este domingo podemos favorecer á maioría de dous partidos, un que fixo políticas de dereita e outro que, alí onde goberna, o que fixo foi privatizar e recortar de todos os ámbitos incluíndo sanindade e educación. Por iso eu estou seguro de que se os partidos minoritarios teñen máis forza, este estado será algo máis democrático, será un pouco máis plural e tamén poderemos defender os intereses da xente e non só mimar ás grandes empresas e banca deixando de lado á cidadanía.
Boa xornada de reflexión e votade con cabesiña.