A xélida realidade

Sistema eléctrico. Gráfico BNG

Estes días está a facer moito frío, é algo evidente, mais por se acaso hai alguén despistado ou despistada, xa nolo repiten constantemente os medios de comunicación. Unha masa de ar xélido está provocando unhas baixas temperaturas en toda Europa, situación que disque provoca un incremento do prezo da electricidade. Digo disque porque un xa non se fía das eléctricas, esas que din que o sistema é deficitario e hai que subir os prezos pero que cada ano gañan centos de millóns de euros.

Seguir lendo “A xélida realidade”

Pan e maletas

Elvira Blanco e Luís Pérez

O goberno do PP ribeirense un ano máis volve organizar o gran xantar do maior, unha macro comida de 1.000 persoas que lle custa á veciñanza de Ribeira case 42.000€, unha cantidade excesiva e mesmo obscena para gastala nun só día. Isto acontece mentres as nosas amizades emigran por falta de perspectivas e oportunidades laborais e as que ficamos vémonos empurradas, en moitas ocasións, a salarios baixos e/ou cunhas condicións precarias, por non dicir miserentas.

Seguir lendo “Pan e maletas”

Votar para avanzar

Bloque Nacionalista Galego

O domingo Galiza celebra os comicios para escoller os e as representantes que ocuparán os escanos do Parlamento Galego durante os vindeiros 4 anos. A pesar de que no BNG estamos traballando continuamente, e non só cando hai eleccións, estas obrigan a redobrar esforzos. Foron días cheos de intenso traballo, horas pateando rúas, facendo repartos informativos, gabeando farolas, celebrando actos para achegar as propostas do Bloque, falando directamente coa xente e unha morea de cousas máis. Todo isto faise coas nosas propias forzas e recursos quitando tempo de lecer para dedicarllo a un proxecto colectivo chamado Bloque Nacionalista Galego.

Seguir lendo “Votar para avanzar”

A %d blogueros les gusta esto: