Os nosos dereitos

ARTIGO 5

  1. A lingua propia de Galicia é o galego.
  2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
  4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Este é o artigo que se recolle no Estatuto de Autonomía de Galiza. Ónde se pode observar que no punto número 3, o goberno de Núñez Feijoo non está a facer o seu traballo como é debido.

Fai uns días, o conselleiro de cultura dixo que, “a cultura galega limita”, esta, é unha frase que dixo el mesmo, o que quere dicir que este home está no seu posto de traballo para gañar cartos, e non por devoción e aprecio cara a nosa cultura. Xa se poden imaxinar vostedes que se o home encargado de conservar e difundir a nosa cultura arremete contra ela, non estamos a ir no bo camiño, non cren?

Pois o mesmo está pasando co galego que, ao igual que outras moitas cousas forma parte da nosa cultura, da nosa forma de ser e de pensar, forma parte do noso pasado, presente e formará parte do noso futuro (espero).

Por iso, eu non vexo lóxico que se queira derrogar un decreto aprobado por unanimidade e que axuda ao galego a recuperar a súa dignidade e a equiparalo co castelán. Pero todo isto pretende botalo por terra o noso actual presidente do Partido Popular, e para que isto se cumpra acaba de mandar correos electrónicos aos colexios, intentando amedrentar ao profesorado que apoia a NON derrogación do decreto.

Aquí lles deixo a circular emitida a todos os colexios:

Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección Educativa

Se isto non é amedrentar non sei que será pero dende logo soa moi ameazante.

Un saúdo

A “conservación” do noso medio ambiente

O presidente da Xunta de Galiza quere ampliar a rede natura 2000 co pretexto de que hai que protexer o noso territorio.
Eu pregúntome se servirá para algo, porque se vai a deixar que ese territorio sexa invadido por plantas acuícolas e outras edificacións, eu non lle encontro sentido a esa ampliación porque, na práctica, estos espazos non estarán protexidos.
Outras das actuacións que nunca debeu facer foi eliminar a consellería de medio ambiente porque desde organismos internacionais e desde a UE aconsellan ter esta consellería non economista separadas das de tipo economista como pode ser a de politica territorial e infraestructuras ou a de industria.
Esta unión (consellería de medio ambiente, territorio e infraestructuras) non vai a levar a un bo camiño. Todo este tipo de actuacións van a supoñer un deterioro do medio ambiente xa que, o conselleiro vai a ter que declarar zonas de protección e zonas de construción e é evidente que van a obedecer aos intereses privados. Digo isto porque cando lle preguntaron a Feijoo que ia a facer coa lei do litoral, dixo que non é normal non deixar construír na zona de maior demanda.
Así, conseguirán destruír o noso litoral en vez de camiñar cara políticas máis respetuosas co noso medio. Un saúdo.

Apagón, sábado día 28 de marzo.Únete!!

Este sábado, 28 de marzo, apaga as luces do teu fogar se queres axudar ao teu planeta.
O sábado 28 deste mes, centos de cidades de todo o mundo apagarán as luces dos seus monumentos máis coñecidos, por agora van 1700 cidades e milleiros de persoas. Esta é unha iniciativa a nivel mundial, co fin de que os gobernantes tomen conciencia de que hai que cumprir co protocolo de Kioto e, sobre todo, de que hai que reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
É necesario que adopten máis medidas e máis eficaces para reducir estas emisións, así como tamén, a de levar a cabo políticas moito máis verdes para poder rematar ou polo menos reducir, moitos problemas que lle causamos ao noso planeta.
Os gobernantes deberían apostar, dunha maneira máis decidida, polas enerxías renovables, por vehículos máis eficientes ou o fomento do transporte público, fomentar o aforro enerxético, depuración das nosas augas residuais, incrementar a reciclaxe, etc.
Por iso o sábado, moita xente ensinaralle ós nosos políticos que a sociedade galega, española e mundial está comprometida co coidado do medio ambiente e co noso planeta, para amosarlle que xa non hai escusas para non comprometerse co noso planeta e de adoptar medidas máis eficaces para reducir a contaminación, neste caso atmosférica.
Por este motivo, colabora e apaga todo o que poidas deixando só o imprescindible para provocar desta maneira unha gran redución do consumo enerxético durante unha hora.
COMPROMETETE CO NOSO PLANETA, PARA DEIXAR DE DESTRUILO. Un saúdo.

A %d blogueros les gusta esto: